Actualidade
Montes de Vigo
Mancomunidade que aglutina 14 comunidades de montes veciñais en man común no anel verde que cincunda a cidade de Vigo e que leva proporcionando servizos sistémicos a máis de 300.000 habitantes nos máis de 25 anos de existencia.
Montes de Vigo 2046
Por unha xestión sostenible do uso social do monte. O reto de harmonizar o uso social do monte co aproveitamento dos 14 montes veciñais en man común dun xeito sostible.
Proxecto promovido pola Mancomunidade de Montes de Vigo en agrupación coa Universidade de Vigo a desenvolver entre 2024 e 2025 co apoio da Fundación Biodiversidade.
Visita o microsite adicado.
Montes de Vigo na Escola
A divulgación entre o alumnado de primaria das parroquias de Vigo dos valores naturais, patrimoniais e sociais que proporcionan os montes veciñais en man común de Vigo.
Proxecto promovido pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración con Vegalsa-Eroski durante a primavera de 2024.
Visita o microsite adicado
25 anos de historia
O 7 de maio de 2022 tivo lugar a celebración do 25 aniversario da constitución da Mancomunidade de Montes de Vigo. Neste video recompílase a historia deste período que arrancou en 1996, no que se pode dicir que se logrou acadar a visión marcada e resumida no lema "polo uso social do monte". Tamén se establecen os retos para os 25 anos seguintes