O reto de harmonizar o uso social do monte co aproveitamento dos 14 montes veciñais en man común da cidade de Vigo que proporcionan servizos ecosistémicos a máis de 300.000 habitantes.

Home illustration

Liñas de acción

O proxecto “Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor” traballará en cinco liñas de acción ao longo do período 2024-2025

Máis detalle
01

Análise

Investigación dos servicios ecosistémicos mancomunados dos Montes de Vigo

02

Xestión

Deseño da estratexia de posta en valor dos servicios ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo

03

Couto micolóxico

Experiencia piloto dun couto micolóxico nun entorno perirubano dentro do uso social do monte

04

Empleabilidade

Formación para o fomento do emprego e o emprendemento da economía verde

05

Espazos colaborativos

Coordinación e xestión, transferencia de coñecemento e dinamización

Liñas de acción

01

Investigación dos servicios ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo


Obxectivos

  • Identificar os servizos ecosistémicos dos montes de Vigo, particularmente os recreativo-culturais, a calidade e cantidade dos recursos hídricos e a absorción de CO2, propondo medidas que contribúan a mellorar a súa xestión e conservación.
  • Realizar a valoración económica dos servizos ecosistémicos citados dos montes de Vigo que permitan establecer recomendacións e factores claves para a súa xestión a través da Liña de acción 2.


Actuacións

  • Inventario e estado de conservación dos recursos recreativo-culturais, con estimación de persoas usuarias.
  • Análise da calidade e cantidade da auga xerada nos montes de Vigo, así como a tipoloxías de masas forestais das concas dos principais ríos.
  • Caracterización das masas forestais dos montes de Vigo e estimación das absorcións de carbono da biomasa forestal viva.
  • Valoración de mercado e de non mercado dos servizos ecosistémicos, aplicando indicadores biofísicos para estimar o valor económico total dos servizos nos montes mancomunados de Vigo
02

Deseño da estratexia de posta en valor dos servicios ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo


Obxectivos

  • Elaborar a estratexia de posta en valor dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo.
  • Deseñar unha metodoloxía para a xestión e captación mancomunada de recursos.


Actuacións

  • Definición do marco estratéxico de actuación baseado nos resultados científicos e a análise territorial.
  • Identificación territorial e planimétrica dos servizos ecosistémicos estudiados.
  • Traslado da estratexia e liñas de actuación aos Plans de xestión das comunidades de montes.
  • Elaboración dun protocolo de xestión para a monetización e captación de recursos, incorporando un marco de negociación con patrocinadores e partes interesadas.
03

Experiencia piloto dun coto micolóxico nun entorno perirubano dentro do uso social do monte


Obxectivos

  • Estudiar a viabilidade e deseño dun couto micolóxico como exemplo de uso recreativo sustentable en montes periurbanos.
  • Implantar unha experiencia piloto de couto micolóxico en montes periurbanos.


Actuacións

  • Elaboración do estudo co couto micolóxico periurbano, identificando áreas óptimas, analizando a viabilidade económica e establecendo un plan de traballo.
  • Posta en marcha de dous coutos micolóxico a modo de experiencia piloto nun monte consolidado nun monte queimado.
  • Deseño e protocolización do plan de traballo para a posta en marcha doutros coutos micolóxicos
  • Desenvolvemento de talleres formativos, acordos de colaboración ou redes de socios para a dinamización dos coutos micolóxicos.
04

Formación para o fomento do emprego e o emprendemento na economía verde


Obxectivos

  • Deseñar e implementar unha acción formativa en xestión forestal sostible e especialización en recursos micolóxicos.


Actuacións

  • Realización de accións formativas cunha duración non inferior de 30 horas.
  • Promoción da empleabilidade do alumnado formado.
05

Coordinación e xestión, transferencia de coñecemento e dinamización


Obxectivos

  • Coordinar e xestionar de xeito colaborativo as distintas liñas de acción entre os equipos participantes.
  • Promover a transmisión de coñecemento, divulgación dos resultados e de boas prácticas a través de dinámicas participativas.


Actuacións

  • Creación dunha comisión científico-técnica do proxecto.
  • Creación dunha comisión asesora de servizos ecosistémicos á Mancomunidade de Montes de Vigo
  • Establecemento de espazos de dinamización da participación con entidades externas e cidadanía enxeral.