Mancomunidade

A ENTIDADE | USO SOCIAL DO MONTE | TRANSPARENCIA

A ENTIDADE

MONTES DE VIGO: 25 ANOS TRABALLANDO POLO USO SOCIAL DO MONTE

O 20 de xullo de 1996 iniciouse o proceso constituínte da Mancomunidade de Montes de Vigo baixo o lema “O monte: o noso proxecto, o noso futuro. Disfrútao e coidao connosco”. Doce foron as comunidades de montes que participaron na constitución da primeira mancomunidade de montes de Galicia e na actualidade a conforman catorce comunidades: Beade, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Oia, Saiáns, Teis, Valladares e Zamáns, xunto coa Entidade Local Menor de Bembrive.

Vista parcial dos Montes de Vigo

A relevancia deste entramado social asociado ao movemento comunal vigués ponse en evidencia en dous datos. Por unha banda, no mesmo están implicados preto de 3.500 comuneiros e comuneiras. Por outra banda, os montes periurbanos supoñen un total do 17% da superficie do termo municipal, da cal un 57% está destinada a uso social.

Precisamente, ao longo destes 25 anos percorreuse un camiño salientable na dirección de pór en valor os montes nun entorno urbano coa xeralización dos parques forestais e miradoiros a finais dos anos 90 e principios do século XXI (35 hectáreas a disposición da cidadanía e conveniados co Concello de Vigo), coa consolidación do monte como espazo sociocultural no que se celebran as festas das parroquias ou se pon en valor o patrimonio arqueolóxico (creáronse tres áreas etnoarqueolóxicas neste período), coa creación dunha rede de sendeiros de 130 km en colaboración co Concello de Vigo, etc. O reto agora é lograr manter estas infraestruturas das que somos referencia a nivel galego.

Vista da cidade de Vigo dende os montes

Tamén houbo momentos críticos como os lumes de outubro de 2017, que asolaron un terzo dos montes de Vigo e que puxeron en evidencia da necesidade de abordar unha xestión proactiva dos montes como faixa de protección diante da aparición dos grandes lumes que, segundo os expertos, volverán a facer acto de presenza. Neste contexto poidose evidenciar como os montes proporcionan servizos ecosistémicos á sociedade de primeira magnitude (mananciais que subministran de auga as parroquias e os encoros, captura de CO2, etc), que poden porse en risco ante a eventual desaparición do monte, e, por último, como os seus propietarios -as comunidades de montes- teñen que abordar a súa xestión en colaboración coas administracións públicas.

Todo isto quedou reflictido xa en 2006 no NAVI – Proxecto Natureza Viva (Plan de uso e xestión dos montes da Mancomunidade de Vigo) financiado a través dun proxecto europeo transfronteirizo Interreg. Unha das conclusións máis destacadas da análise e propostas de acción recollidas nel foi “...os Montes de Vigo teñen que ofrecer á cidade unha crecente variedade de usos en consonancia coas novas demandas; pero os diversos usos han de resultar sempre harmonizables coa primacía da función ambiental e a oferta de espazos de lecer de calidade”. Tamén apuntaba que para garantir a xestión sostible do monte é preciso integrar os montes na trama urbana, o que supón achegamento das comunidades de montes á sociedade, así como a asunción da ciudadanía de máis responsabilidades en consoancia cos servizos demandados ben directamente ou indirectamente (a través das Administracións Públicas: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, etc).

Traballos de acondicionamento de sendeiros

Unha boa mostra da citada colaboración privado-pública é o proxecto “Restauración e mantemento dos Montes de Vigo” subvencionado polo Concello de Vigo: supuxo que durante os últimos 12 anos fose posible contratar entre 15 e 30 efectivos para cuadrillas de coidado dos montes que actuasen sobre o terreo durante unha parte do ano.

Tamén durante os dous últimos anos leváronse a cabo sendos proxectos de inserción laboral e formación para o emprego ou a rexeneración dos montes queimados en catro comunidades de montes financiados pola Xunta de Galicia, reforzando a estratexia citada.

Polo expresado, o lema da efeméride que se celebra é “25 aniversario de Montes de Vigo: a prol do uso social do monte”, no que se pon de manifesto a vocación que persigue a Mancomunidade de Montes de Vigo de contribuír ao benestar das parroquias e da cidade na que está inxerida e, ao mesmo tempo, da necesidade de profundar na compatibilización do uso forestal co uso sociorrecreativo nun entorno periurbano, facendo sostible un modelo de xestión do territorio que emana da idiosincrasia colectiva dos montes veciñais en man común.

Tamén serve para lembrar que queda moito que facer e precisamente ese é o reto dos vindeiros 25 anos para o movemento comunal vigués e as institucións coas que interactúa.

MONTES DE VIGO: MANCOMUNIDADE DE 14 COMUNIDADES DE MONTES

Montes de Vigo: unha mancomunidade formada por 14 Comunidades de montes veciñais en man comúnNa cidade de Vigo atópase unha das Mancomunidades de montes veciñais (Montes de Vigo, en diante) máis importantes do estado, conformada por 14 entidades (trece comunidades de montes veciñais en man común -a última incorporada en xaneiro de 2020- e un monte de utilidade pública adscrito á Entidade Local Menor de Bembrive) e que abrangue o 17% da superficie do concello (1.565 ha) segundo o último censo realizado en 2006 co estudio do NAVI  (Natureza Viva, Proxecto de uso do monte periurbano de Vigo inserto no subprograma Galicia/Norte de Portugal da iniciativa Interreg III A).

A partir do citado estudo Montes de Vigo e as comunidades membro propuxéronse promover o uso sostible dos montes comunais a través dun programa de creación de emprego e aproveitamento racional dos recursos económicos, sociais e culturais dispoñibles. Xunto coa función principal de conservar o monte comunal nun entorno periurbano a través da xestión forestal, engadiuse unha función cada vez máis presente: “...os montes de Vigo teñen que ofrecer á cidade unha crecente variedade de usos en consoancia coas novas demandas; pero os diversos usos han de resultar sempre harmonizables coa primacía da función ambiental e a oferta de espazos de lecer de calidade”.

Para garantir a xestión sostible do monte é preciso integralos na trama urbana en dobre senso: por unha banda, achegamento das comunidades de montes á sociedade dado que unicamente coa corta de madeira non se dá financiado de xeito ordinario a función social do monte; por outra banda, asumindo a cidadanía máis responsabilidade en consonancia cos servizos demandados, tanto directamente (asumindo o custe ou participando no seu mantemento) como indirectamente (a través das administracións públicas, con promoción e asunción de custos).

Nota: No estudo de 2006 non aparece Lavadores


A transformación forestal dos Montes de Vigo

Consecuencia destas liñas estratéxicas, nos últimos anos as comunidades de montes teñen realizado en primeiro lugar un importante exercicio de transformación da realidade do monte herdada da época franquista, moi centrada nun modelo productivista centrado no monocultivo de piñeiro e eucalipto. Os maiores esforzos tiveron lugar na paulatina plantación e rexeneración de especies autóctonas (castiñeiros, carballos, cerdeiras, etc) e nunha importante acción de erradicación da acacia como especie invasora, así como na progresiva adquisición de monte privado que co paso do tempo está quedando en desuso. Por tal motivo moitos dos datos empregados a data de hoxe xa están satisfactoriamente superados.

Unha segunda liña de actuación global vai dirixida a achegar os montes á cidadanía. Os parques forestais, conveniados na súa meirande parte co Concello de Vigo, foron un primeiro paso cun relativo éxito na acollida dos vigueses e viguesas. Os recentes cambios normativos en relación co emprego do lume no monte fixo retroceder o atractivo ofertado para as familias nos meses de verán, que é cando máis se empregan. Entretanto se está facendo entender á administración que as condicións dos parques forestais en Vigo deberían ser unha excepción a esa norma dado os coidados que as comunidades realizan dos mesmos, outras vías de achegamento á sociedade están abríndose.

Outras vías de achegamento á sociedade: o uso social do monte

Destaca neste senso a liña de actuación emprendida nos últimos cinco anos baixo a denominación “Polo uso social do monte”, na que se están implantando novas formas de achegarse ao monte e que van dende a promoción da rede de sendeiros locais de Vigo, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Vigo e con máis de 120 quilómetros de sendeiros xa trazados, ata accións de dinamización dos parques e espazos forestais para grupos ou centros escolares, ou actividades de educación ambiental (por exemplo, coas conferencias “Froitos do monte” ou visitas escolares titorizadas) e voluntariado nos montes de Vigo ou actividades deportivas diversas.

Tamén son importantes as accións relacionadas coa promoción dos montes de Vigo a través de actividades lúdico-deportivas como a Andaina polos montes de Vigo que nos tres últimos anos se ten realizado ou  a Trail polos montes de Vigo que tamén leva tres edicións. Aparte, tanto a mancomunidade como as comunidades de montes colaboran con entidades sociais, culturais ou deportivas naquelas iniciativas que permiten achegar a moitos públicos diferentes a un espazo natural e apto para multiples actividades como é o monte (festas populares, magostos, actividades micolóxicas, actividades naturalistas, probas deportivas, etc).

Resultados que se poden gozar cos cinco sentidos
Todo o relatado ata o de agora é froito dun lento traballo realizado por parte de centos de comuneiros e comuneiras que traballan de xeito desinteresado en manter un patrimonio natural que lle é propio pero que ten vocación de ser aberto á cidadanía de Vigo para que o coñeza e o use como un gran parque temático.


A integración entre a diversa oferta que se pode atopar nos Montes de Vigo faise necesaria para poder gozar da nosa riqueza natural cos cinco sentidos. Con este obxectivo, preséntanse os diferentes montes que forman Montes de Vigo cunha referencia aos parques forestais que se poden atopar neles, as rutas de sendeirismo que os atravesan, os actos relevantes que se celebran neles e a evolución sufrida dende que pasaran a ser xestionados polos comuneiros e comuneiras pretendendo ser un escaparate do xa feito e un aliciente para seguir adiante no esforzo de transformación do entorno da cidade de Vigo porque aínda queda moito percorrido por diante.

Neste camiñar resulta imprescindible seguir contando co Concello de Vigo e con aqueles entes públicos e privados que desexan facer de Vigo un modelo de cidade integrada no seu entorno ou, visto dende o alto do monte, dun espazo natural que quere achegarse ao corazón da cidade

USO SOCIAL DO MONTE

MONTES DE VIGO E AS 14 COMUNIDADES DE MONTES ASOCIADAS

A Mancomunidade de Montes de Vigo (Montes de Vigo, en diante) é a entidade que aglutina as 14 Comunidades de Montes Veciñais e en man común do concello de Vigo. Constituíuse coa finalidade da defensa e mellora dos montes das entidades de Vigo, nos seus aspectos económicos, sociais, ecolóxicos, culturais e de relación.

As comunidades de montes de Vigo xestionan 1.565 hectáreas de espazo forestal, o que supón arredor do 17% da superficie do termo municipal, dos cales o 56,7% está considerado como de uso social.Ademáis, contan con 35 hectáreas de áreas recreativas, a meirande parte delas conveniadas co Concello de Vigo, así como cun patrimonio arqueolóxico (45 gravados rupestres catalogados, 12 mámoas, 12 castros, xacementos, etc) e etnográfico (muíños, camiños enlousados, etc) destado.Tamén é de salientar que polos montes de Vigo discorren a maioría dos sendeiros trazados (GR-53, GR-58, GR-94, PR-G1, PR-G5, PR-G9, sendeiros locais e rutas temáticas -senda do bosque, ruta das mámoas, ruta das esculturas, parque temático Arco da Vella-).

Parque forestal de Vigo nun día de verán


MONTES DE VIGO E O SEU PAPEL SOCIAL

Por outra banda, por todos é coñecido que nos diversos montes de Vigo ten lugar múltiples das actividades lúdico-deportivas de entidades, centros educativos e colectivos da cidade, que van dende sendeirismo, btt e outras modalidades ciclistas, actividades micolóxicas, actividades botánicas ou ecolóxicas, paseos fotográficos, plantacións, ximcanas medioambientais, etc.A todo isto hai que engadir que cada unha das 13 Comunidades de Montes desenvolve en maior ou menor medida unha programación de actividades divulgativas, de conservación e de dinamización sociocultural, así como patrocina nas súas respectivas parroquias moitas das festas patronais e culturais, clubs deportivos, anpas e outros colectivos sociais e culturais.

A súa vez, Montes de Vigo, en colaboración coas comunidades de montes, ten promovido actividades que aglutinan as diversas comunidades, sendo as máis destacadas a Andaina polos montes de Vigo (en colaboración co Concello de Vigo) e a Trail polos montes de Vigo

A XESTIÓN DO MONTE PERIURBANO

En 2006 Montes de Vigo elaborou o Proxecto "Natureza Viva", un verdadeiro plan estratéxico a desenvolver a medio prazo. Resultado deste traballo chégase á conclusión de que "... os Montes de Vigo teñen que ofrecer á cidade unha crecente variedade de usos en consonancia coas novas demandas; pero os diversos usos han de resultar sempre harmonizables coa primacía da función ambiental e a oferta de espazos de lecer de calidade".

Para garantir a xestión sostible do monte é preciso integrar os montes na trama urbana, o que supón entre outras cuestións:a) Un achegamento das Comunidades de Montes á sociedade, e particularmente, á lóxica de servizos, dado que únicamente coa corta de madeira non se dá financiado de xeito ordinario a función social do monte.b) A asunción da cidadanía de máis responsabilidade en consoancia cos servizos demandados, tanto directamente (asumindo parte do seu custe ou participando no seu mantemento) como indirectamente (a través das administracións públicas, con promoción e asunción de custes).



A CREACIÓN DA ÁREA DE USO SOCIAL DO MONTE

A actual Xunta directiva de Montes de Vigo proponse darlle un pulo as liñas estratéxicas marcadas e, despois do correspondente tratamento na Asemblea Xeral de xullo de 2016, ten previsto botar a andar a Área do uso social do monte como mecanismo para dinamizar e coordinar as actividades que se desenvolven nas distintas comunidades de montes, así como para conquerir un achegamento á cidadanía viguesa e ás institucións públicas e privadas presentes no concello.Para desenvolver a estratexia prevista vanse a artellar catro eixos de actuación:

Actividades lúdico-educativas nos montes de Vigo

1. Dinamización recreativa, que será a encargada de dinamizar os parques e espazos forestais, dinamizar o patrimonio natural e cultural asociado cos montes de Vigo e promover a realización de actividades lúdicas e deportivas, tanto propias como de terceiros, nos espazos habilitados para tales fins.

2. Educación ambiental, que se encargará de xestionar o monte comunal de Vigo como unha gran Aula da natureza na que poidan desenvolverse actividades formativas por parte de centros educativos, empresas de servizos e cidadanía en xeral. Tamén se encargará de organizar cursos formativos para comuneiros e poboación en xeral, así como dispór dun centro de recursos a disposición das comunidades de montes e de terceiros.

3. Participación social, que a través do Club de amigos/as dos montes de Vigo pretende achegar a todos e todas os interesados en coñecer e conservar os montes de Vigo con fins de interese xeral. Tamén se propón, en colaboración con institucións e entidades colaboradoras promover canles de participación como o voluntariado medioambiental ou colectivos colaboradores.

4. Comunicación e relacións exteriores, para dar a coñecer o uso social do monte de Vigo e recabar a colaboración e patrocinio de institucións públicas e privadas de xeito que contribúa a poder desenvolver as actividades dos outros eixos de actuación.

TRANSPARENCIA

A Mancomunidade de Montes de Vigo, en virtude do establecido pola Lei 9/2013 de transparencia, acceso á información e bo goberto, ten a ben publicar os contratos, convenios e subvencións recibidas durante os exercicios 2020-2023:

EXERCICIO 2023

- Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2023 (Concello de Vigo):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

Importe concedido: 145.000 euros

- Subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia 2022-23 (Consellería de Promoción Emprego e Igualdade):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación e práctica profesional.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública como entidades promotoras as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións, así como concellos, etc.

Importe concedido: 251.993,50 euros, a executar no período 2022-23.

- Subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia 2023-24 (Consellería de Promoción Emprego e Igualdade):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación e práctica profesional.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública como entidades promotoras as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións, así como concellos, etc.

Importe concedido: 265.523,10 euros, a executar no período 2023-24.

EXERCICIO 2022

- Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2022 (Concello de Vigo):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

Importe concedido: 145.000 euros

- Subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia 2021-22 (Consellería de Emprego e Igualdade):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación e práctica profesional.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública como entidades promotoras as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións, así como concellos, etc.

Importe concedido: 208.167,60 euros, a executar no período 2021-22.

- Subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia 2022-23 (Consellería de Promoción Emprego e Igualdade):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación e práctica profesional.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública como entidades promotoras as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións, así como concellos, etc.

Importe concedido: 251.993,50 euros, a executar no período 2022-23.

EXERCICIO 2021

- Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2021 (Concello de Vigo):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

Importe concedido: 135.654 euros

- Subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia 2021-22 (Consellería de Emprego e Igualdade):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación e práctica profesional.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública como entidades promotoras as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións, así como concellos, etc.

Importe concedido: 208.167,60 euros, a executar no período 2021-22.

EXERCICIO 2020

- Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2020 (Concello de Vigo):

Obxectivo: Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.

Beneficiarios: Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

Importe concedido: 145.000 euros

- Subvencións destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de Xénero 2019-2020 (Consellería de Medio Rural)

Obxectivo: contribuír a que as mulleres vítimas de violencia de xénero acaden unha maior autonomía a través da súa independencia económica co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración social.

Beneficiarios: cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario, as empresas (persoas físicas ou xurídicas) do sector agrario de produción e/ou transformación de produtos agrarios, así como as empresas inscritas no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais (Ropciv) que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde. Así mesmo, poderán ser beneficiarias das axudas as empresas forestais inscritas no Rexistro de Empresas (persoas físicas ou xurídicas) do sector forestal (Resfor), empresas provedoras de material forestal de reprodución dadas de alta no seu rexistro oficial, as comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), e as asociacións forestais que contraten vítimas de violencia de xénero.