A VIII Trail Montes de Vigo celebrouxe cun éxito de participación

RESULTADOS DA VIII TRAIL MONTES DE VIGO

Adrián Escudero, remontando, e Paz Méndez, dominando, vencedores na Trail Montes de Vigo. Adrián Sousa, gaña sen problemas o Mini trail.   Mª Elisa Costas repite triunfo por segundo ano consecutivo.

Era día de comprobar coma estaba o monte tras a última semana de intensas choivas en fortes ventos. Así o fixeron esta mañá os participantes no VIII Trail Montes de Vigo. Un evento que nas propias verbas do presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío Gonzalez, sirve para “lembrar os aterradores lumes do ano 2017, no que ardía unha terceira parte dos montes vigueses”. “Hai que seguir pondo medios para que non volte a suceder”, afirmaba.

Pasadas ás 10.00 horas e cos raios de sol abríndose paso entre as nubes, tomaban a saída os participantes no Gran Trail, con 22 km con 1000 metros de desnivel positivo acumulado.

Primeiros movementos con Dani Pazó comandando a prova, tras él Jose Martín. Ambos, coñecidos de anteriores enfrontamentos, preparábanse para vivir o seu particular duelo pasando o km 5.

O que non sabían é que por detrás Adrián Escudero, ía recortado “silenciosamente” tempo. Daríalles alcance despois, para subir o ritmo e ir avanzando só cara a meta. O do Triatlon Poio entraría cun tempo de 01:36:09, recoñecendo logo estar forte “ por vir recentemente dunha prova moi dura e ter boas sensacións” .  Jose Martín lograba imporse o seu compañeiro de batallas (01:37:34), Daniel Pazó que logo de gañar algunha edición aquí,  tiña que conformarse ca terceira plaza (01:38:52). Por certo, Jose Martín iría rápidamente cara o Hospital por unha moi boa nova; fora pai a noite anterior ¡ Felicidades !

Na carreira longa feminina quen puxo un ritmo moi, moi forte era Paz Méndez. No km 2 xa aventaxaba en máis dun minuto a Estefanía Muras e a ucraniana Yuliana Bokhinska. Curioso o de esta parella de amigas, que confesaban que adestran en corren xuntas, marcándolle o ritmo unha a outra. Reconocía “Fani” que “era imposible seguir a primeira, polo que decidiron tentar que ningunha as apañase por detrás”

Paz Méndez seguiu ó seu finalizando cun tempo de 02:06:51. A prata, para Estefanía Muras (02:13:53), con un segundo sobre a súa colega Yuliana (02:13:54).

No que se refire o Mini trail, partía dende o mesmo lugar as 10.30 h.

Máis do dobre de atletas para facer 12 km e 650 m de desnivel, notándose que estamos no inicio da temporada.

Literalmente “voou” Adrián Sousa, único participante en baixar dunha hora; concretamente 55:24, o seu fabuloso rexistro, comentando que era “moi corrible e se atopara fino a pesar de non ter agora demasiado tempo para adestrar”. A  André Alonso e Daniel Domínguez so lles quedou, como comentarían despois, ir a pola prata. Pouco menos de un minuto e medio fixo André (01:01:03), que Dani (01:02:31)

A Mª Elisa Costas vanlle os montes de Vigo, e repetiría victoria no eido feminino. Como ela comentaba, “aquí salgo a darlo todo y me va bien”. 01:10:46 para ela.  2ª Raquel Miraz (01:16:33), sendo 3ª Lucía Martínez (01:17:04)

Unha vez rematada cada distancia os participantes poideron comerse un bocata de xamón cunha cervexa fresquiña para repor folgos.

Antes da entrega de premios, a Organización quixo lembrarse de “Miguelón”, o altleta falecido hai apenas un mes nun trail galego. Compañeiros e compañeiras de equipo, emocionados, recolleron a placa entregada polo presidente da Comunidade de Montes.

Co recoñecemento os 3 primeiros de cada categoría feminina e masculina púñase o punto e final a VIII Trail Montes de Vigo, que como indicaba o eslogan de este ano serve para facer un “uso social do monte”.

RESUMO DE INSTAGRAM (con fotos e videos)

ALBUM DE FOTOGRAFIAS 1

ALBUM DE FOTOGRAFÍAS 2

ALBUM DE FOTOGRAFÍAS 3 PODIO

ALBUM DE FOTOGRAFÍAS 4 PARTICIPANTES

WEB CON RESULTADOS (activa o sábado 12 de outubro)

PROGRAMA DA VIII TRAIL MONTES DE VIGO

DATA DE REALIZACIÓN: sábado 12 de outubro

RECOLLIDA DORSAIS: venres 11, de 17 a 20 en Bikila Vigosábado 12, a partir das 9:00 na proba

INICIO TRAIL LONGA: 10:00

INICIO TRAIL CURTA: 10:30

Percorrido: polos montes de Beade e Bembrive.

Inicio de proba: Parque Forestal de Beade (aparcamento ao carón do campo de fútbol) (ver GOOGLE MAPS)

TRACKS:  Wikilock 22km e Wikilock 12km. Track para descargar: TRACK 22KM e TRACK 12KM

Participación: Os/As participantes teñen que ter 18 anos, podendo participar tanto federad@s como non federad@s, sendo o requisito mínimo ter un contacto mínimo con trail de montaña.

Categorías: Absoluta masculina e feminina  |  Master A (18 a 39) | Master B (40 a 49) | Master C (+50)

Regulamento definitivo (versión 9/10/24): PREMER AQUI

Inscricións: PECHADAS

Patrocinadores: Vegalsa-Eroski,  Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra

Máis información: no teléfono/whatsapp 608 046 047 ou en servizos@montesdevigo.org

PRESENTACIÓN DA TRAIL O 2 DE SETEMBRO

Representantes de Vegalsa-Eroski, Concello de Vigo e Montes de Vigo no acto de presentación

A presentación pública da VIII Trail Montes de Vigo tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández; da Directora de Sostibilidade de Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González; e do Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González.

A proba terá lugar o vindeiro sábado 12 de outubro e contará con dúas distancias: 12 e 22 kilómetros. Circulará polos montes de Beade e de Bembrive.

Tamén está prevista unha andaina familiar polos montes de Beade de 3km, co obxecto de achegar á actividade deportiva o público familiar con menores.

Uxío González puxo de manifesto que entre os obxectivos deste evento está promover o coñecemento do uso social dos montes de Vigo, así como lembrar a traxedia vivida en outubro de 2017 na que ardeu un terzo dos montes de Vigo nunha soa xornada.

Gabriela González lembrou o convenio asinado por parte de Vegalsa-Eroski con Montes de Vigo para promover a difusión dos valores do monte entre a cidadanía, entre os que se atopan esta proba e acción de educación con máis de 500 escolares de Vigo. Nese marco considerou moi interesante que se desenvolven actividades tanto deportivas como educativas que promovan a conservación do noso entorno máis próximo.

Manel Fernández pechou o acto indicando que a Trail de Montes de Vigo xa é un clásico dentro dos eventos deportivos da cidade e paulatinamente consolídase como unha proba de "titáns" que abordan o running combinado co medio natural.

A vicepresidente segunda da Deputación de Pontevedra, Luísa Sánchez, escusou a súa presenza por motivos de axenda nesta semana de Conxemar.