En Montes de Vigo preocupados coa previsión sobre os lumes despois dunha semana catastrófica en Portugal

Portada da Revista Montes de Vigo nº 4 2017 - Montes de Coruxo

O titular do artigo de GCiencia do pasado 19 de setembro resumíase en "Juan Picos: O que está pasando cos incendios en Portugal ímolo ver en Galicia" (ver ARTIGO). En resumo as causas están asociadas segundo o investigardor da Universidade de Vigo e director do proxecto Firepoctep -que busca fórmulas para facer fronte ao incendios- a: a) o abandono do territorio rural, que se intensifica despois de sufrir un gran incendio; b) a homoxenización da vexetación existente despois do lume, con moita masa combustible que se acumula agardando que veña outro lume; c) a terra non retén auga, co que ao ser máis seca contribúe a que se expanda o lume, xunto con condicións climatolóxicas adversas -fortes ventos, altas temperaturas-.

Vista dos incendios de Vigo de 2017 dende Cangas, con Fragoselo en Coruxo ao fondo

En Montes de Vigo isto lembrounos o que xa nos avisaba o propio Juan Picos en 2018 cando celebramos o I Aniversario dos lumes de 2017 en Vigo: "El gran fuego de hoy será el padre del gran incendio de mañana" e como non se traballe na prevención intensamente e se tomen medidas de alcance non estamos libres de que se volva a producir unha nova catástrofe incendiaria nos montes periurbanos de Vigo. Este é o motivo polo que seguimos solicitando unha acción coordinada entre administracións públicas, Comunidades de Montes de Vigo e propietarios privados do monte, anque percibimos que non se da avanzado nada nestes sete últimos anos.

Reproducimos o resumo da sesión en Club Faro de Vigo (ver ARTIGO) de outubro de 2018 e a REVISTA Nº 4 DE MONTES DE VIGO 2017.