Polo uso social do monte

Montes de Vigo

Mancomunidade que aglutina 13 comunidades de montes veciñais en man común e a Entidade Local Menor de Bembrive no anel verde que cincunda a cidade de Vigo. A súa misión é proporcioanr servizos ecosistémicos a máis de 300.000 habitantes nos máis de 30 anos de existencia.
Máis info na sección Mancomunidade

Montes veciñais en valor

Montes de Vigo 2046

Por unha xestión sostenible do uso social do monte. O reto de harmonizar o uso social do monte co aproveitamento dos 14 montes veciñais en man común dun xeito sostible.
Proxecto promovido pola Mancomunidade de Montes de Vigo en agrupación coa Universidade de Vigo a desenvolver entre 2024 e 2025 co apoio da Fundación Biodiversidade.
Visita o microsite adicado.

Campaña de sensibilización no 9º aniversario dos lumes

As promesas non paran o lume

A Mancomunidade presenta a campaña «As promesas non paran o lume», cun vídeo do seu presidente, Uxío González, e un dossier que analiza os compromisos institucionais desde 2017 e reclama actuacións concretas do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia nos orzamentos de 2027.
Visita a entrada cos recursos

Polo uso social dos montes de Vigo

25 anos de historia

O 7 de maio de 2022 tivo lugar a celebración do 25 aniversario da constitución da Mancomunidade de Montes de Vigo. Neste video recompílase a historia deste período que arrancou en 1996, no que se pode dicir que se logrou acadar a visión marcada e resumida no lema "polo uso social do monte". Tamén se establecen os retos para os 25 anos seguintes