Actualidade
Ver novas
Eventos
Ver todos
01
Investigación dos servicios ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo
Obxectivos
- Identificar os servizos ecosistémicos dos montes de Vigo, particularmente os recreativo-culturais, a calidade e cantidade dos recursos hídricos e a absorción de CO2, propondo medidas que contribúan a mellorar a súa xestión e conservación.
- Realizar a valoración económica dos servizos ecosistémicos citados dos montes de Vigo que permitan establecer recomendacións e factores claves para a súa xestión a través da Liña de acción 2.
Actuacións
- Inventario e estado de conservación dos recursos recreativo-culturais, con estimación de persoas usuarias.
- Análise da calidade e cantidade da auga xerada nos montes de Vigo, así como a tipoloxías de masas forestais das concas dos principais ríos.
- Caracterización das masas forestais dos montes de Vigo e estimación das absorcións de carbono da biomasa forestal viva.
- Valoración de mercado e de non mercado dos servizos ecosistémicos, aplicando indicadores biofísicos para estimar o valor económico total dos servizos nos montes mancomunados de Vigo
02
Deseño da estratexia de posta en valor dos servicios ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo
Obxectivos
- Elaborar a estratexia de posta en valor dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo.
- Deseñar unha metodoloxía para a xestión e captación mancomunada de recursos.
Actuacións
- Definición do marco estratéxico de actuación baseado nos resultados científicos e a análise territorial.
- Identificación territorial e planimétrica dos servizos ecosistémicos estudiados.
- Traslado da estratexia e liñas de actuación aos Plans de xestión das comunidades de montes.
- Elaboración dun protocolo de xestión para a monetización e captación de recursos, incorporando un marco de negociación con patrocinadores e partes interesadas.
03
Experiencia piloto dun coto micolóxico nun entorno perirubano dentro do uso social do monte
Obxectivos
- Estudiar a viabilidade e deseño dun couto micolóxico como exemplo de uso recreativo sustentable en montes periurbanos.
- Implantar unha experiencia piloto de couto micolóxico en montes periurbanos.
Actuacións
- Elaboración do estudo co couto micolóxico periurbano, identificando áreas óptimas, analizando a viabilidade económica e establecendo un plan de traballo.
- Posta en marcha de dous coutos micolóxico a modo de experiencia piloto nun monte consolidado nun monte queimado.
- Deseño e protocolización do plan de traballo para a posta en marcha doutros coutos micolóxicos
- Desenvolvemento de talleres formativos, acordos de colaboración ou redes de socios para a dinamización dos coutos micolóxicos.
04
Formación para o fomento do emprego e o emprendemento na economía verde
Obxectivos
- Deseñar e implementar unha acción formativa en xestión forestal sostible e especialización en recursos micolóxicos.
Actuacións
- Realización de accións formativas cunha duración non inferior de 30 horas.
- Promoción da empleabilidade do alumnado formado.
05
Coordinación e xestión, transferencia de coñecemento e dinamización
Obxectivos
- Coordinar e xestionar de xeito colaborativo as distintas liñas de acción entre os equipos participantes.
- Promover a transmisión de coñecemento, divulgación dos resultados e de boas prácticas a través de dinámicas participativas.
Actuacións
- Creación dunha comisión científico-técnica do proxecto.
- Creación dunha comisión asesora de servizos ecosistémicos á Mancomunidade de Montes de Vigo
- Establecemento de espazos de dinamización da participación con entidades externas e cidadanía enxeral.