Semana micolóxica "Montes de Vigo 2046": Clausura coa X Xornada Froitos do noso monte

Posta en común na Xornada aberta do 7/11/24

A Semana Micolóxica chega ao seu fin co acto final "X Xornada Froitos do noso monte", na que participará Marisa Castro cunha charla sobre os coutos micolóxicos nos montes de Vigo, que estará acompañada dunha exposición dos cogomelos recollidos na saída deste xoves e finalmente haberá unha degustación.

Terá lugar na Cafetería do Parque Forestal de Beade (ver Google Maps)

Horario: de 19:00 a 21:00

Nos días previos tivo lugar unha actividade formativa no IES Beade, dentro do Club de Ciencia; a presentación da Guía "Mixomicetos de Galicia e norte de Portugal"; e a saída aberta polo Couto micolóxico de Beade. De seguido algunhas instantánes das distintas actividades.

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Sesión na Aula de Ciencia do IES Beade o 5/11/24
Presentación da Guía sobre mixomicetos en Galicia
Saída aberta o 7/11/24