Xornada de Lanzamento de Montes de Vigo 2046
A Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Universidade de Vigo presentou o proxecto “Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor” nunha Xornada celebrada o 18 de abril na Facultade de Bioloxía coa presenza de preto de 100 asistentes.
Obxectivos do proxecto
Coñecer, poñer en valor e desfrutar de todos os beneficios que o anel verde periurbano da cidade de Vigo presta aos seus habitantes. Con este principio levouse a cabo a Xornada de lanzamento do proxecto: “Valorización e xestión sustentable dosservizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo”.
Este proxecto bianual ten como obxectivo afrontar a xestión sustentable das máis de 1.500 hectáreas forestais do monte comunal vigués, tratando de armonizar o seu uso social e o seu aproveitamento económico.
Por outra banda, busca tamén concienciar ao tecido social e empresarial vigués da importancia crucial do monte no benestar da sociedade. De feito, na súa formulación contou co apoio de 40 entidades públicas e privadas da área metropolitana de Vigo.
O proxecto, que se prevé executar entre 2024 e 2025, conta cun orzamento de 269.000 euros e conta cun apoio do 95% da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación e Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
A Xornada de Lanzamento: poñencias
Cerca de 100 inscritos déronse cita na Facultade de Bioloxía daUniversidade de Vigo para escoitar a diversos panelistas repasar a historia do movemento comunal vigués, presentar as liñas de actuación do proxecto, explicar a gran oportunidade que supón o anel verde da cidade olívica e soñar de forma conxunta os próximos 25 anos dos Montes de Vigo.
“Agradezo o apoio das 40 entidades a este proxecto, o monte vigués está disposto acolaborar con tódolos axentes públicos e privados”. Así daba a benvida Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo. Acompañado de Josefina Garrido e Alberto Capataz, ambos iniciaron a xornada destacando a colaboracióne agrupación entre dúas entidades importantes na cidade: Universidade e Mancomunidade.
Josefina Garrido será a responsable da unión eficiente entre Universidade de Vigo, que levará o estudo técnico, e a Mancomunidade de Montesde Vigo. A doctora en Bioloxía enfatizou o reto que a universidade ten en transferir coñecemento a cidadanía en xeral, especialmente nos beneficios que os montes prestan.
En liña coas palabras de Uxío e Josefina, Alberto Capataz, técnico da Fundación Biodiversidade, financiador do proxecto, declarou “a dupla universidade-mancomunidade é a mellor forma de entender a natureza como un motor económico”
O traballo que ven facendo o movemento comunal vigués non é nin novo nin estático. Así o transmitiu Xosé Antón Fernández, responsable técnico do proxecto. “Os montes de Vigo levan 25 anos reclamando que a sociedade valore os montes vigueses como se debe, buscando novos retos e sobre todo, avogando por un uso sustentable dos mesmos”. Os obxectivos polos que veñen loitando as hoxe 14 comunidades de montes entroncan perfectamente coas 5 liñas de acción do proxecto, explicadas polo responsable técnico durante a mañá. “Debemos seguir repensando e repreguntando qué queremos para os nosos montes”
“Os montes periurbanos son múltiples visións e perspectivas, pero sobre todo son espazos onde os cidadáns teñen voz e voto”, así resumiu Xosé Antón a singularidade duns montes a cabo entre o ámbito urbano e o medio rural. A característica periurbana dos montes da cidade fai que estes teñan necesidades especiais. O proxecto vai máis aló duns indicadores que cumplir, senón de deixar un legado para as futuras xeracións. Así o expresou Xosé Antón, explicando o por que do slogan elixido: "Montes de Vigo 2046: Montes Veciñais en valor". "O que nos motiva é a semente do futuro, nosos netos, que poden ser presidentes das comunidades de montes que hoxe representamos nós”
Enlace á Poñencia "Montes de Vigo 2046"
Cada un disfruta do monte vigués a súa maneira, pero non valorar tódolos beneficios que os mesmos prestan sería descoidar a responsabilidade de preservarlo para as xeración vindeiras. Sobre a necesidade desta correcta valoración falaron no terceiro panel Salustiano Mato, catedrático de Bioloxía ambiental da Universidade de Vigo, e María Xosé Vázquez, profesora de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. Os dous explicaron a necesidade de xerar coñecemento sobre o valor social dos servizos ecosistémicos.
Na súa poñencia, Salustiano Mato achegou ao público a base teórica do que se está a analizar: “O concepto dos servizos ecosistémicos naceu en 2005, a través da Avaliación dos Ecosistemas do Milenio promovido pola ONU. Este concepto busca unha solución de compromiso entre dúas visións históricamente contrapostas: a visión extractiva e a versión conservacionista”. En palabras de Salustiano, “O proxecto vai de dar os primeiros pasos nos servizos de auga, carbono e servizos culturais que están en continua concomitancia”. Sobre os beneficios dos mesmos, o catedrático destacou o papel do cinturón verde na calidade e disponibilidade de auga na cidadanía de Vigo.
Recollendo o testigo,María Xosé acercou o concepto do servizo ecosistémicos na área económica, evidenciando a necesidade de que todo coñezamos o valor e o aporte do monte vigués. Parte da solución ante esta necesidade recae na valoración económica dos servizos ecosistémicos: “Valorar económicamente todo o que presta o monte dá argumentos para poder ir con razóns de peso á hora de negociar coas administacións públicas ou con entidades privadas”. Refiriíndose aos propietarios forestais, María Xosé conclúiu “ Estamos no punto no que podemos pasar do paradigma de quen contamina paga ao paradigma de quen o fai ben, cobra”
Enlace á poñencia "Os servizos ecosistémicos nos montes de Vigo"
O relatorio de Odón López pechou a xornada presentando un caso concreto próximo e concreto de certificación dos servizos ecosistémico. “Baixo FSC, a maior organización mundial na promoción da xestión sustentable, certificamos os ervizos do auga no monte de utilidad pública de Arnoia”, avanzou. Como xefe de servicio de Xestión forestal da Consellería de Medio Rural, Odón promove a actuación e certificación da xestión forestal sustentable. Respecto ácertificación de servizos ecosistémicos en Vigo, Odón argumentou “Vigo é unhacidade industrial onde as empresas o día de mañán terán que corresponder assúas externalidades negativas para coa cidadanía”
Para rematar houbo un turno de preguntas por parte dos participantes no que se solicitaron clarificacións en relacións de diversos aspectos comentados ao longo das poñencias.
A Xornada de Lanzamento: resumo de prensa
Os diversos medios de comunicación recolleron a presentación pública do proxecto. Ver Resumo de Prensa