Os montes de Vigo: unha illa fresca ante a onda de calor. Exemplo: Chan Doural
Durante esta primeira onda de calor que chega a Vigo, os 17 parques forestais e áreas recreativas que se atopan distribuídas en todo o anel verde que bordea a cidade de Vigo convertense nun lugar de respiro fresco. Así o expresa Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, cando lembra que a ninguén se lle ocorre ír a Praza da Estrela ou a Porta do Sol con esta calor.