Arranca Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor
O proxecto “Servicios ecosistémicos en los montes periurbanos de Vigo: por unha xestión sostible do uso social do monte” arranca este 1 de marzo de 2024 como iniciativa da Mancomunidade de Montes de Vigo en agrupación coa Universidade de Vigo co obxectivo de identificar e valorar os principais servizos ecosistémicos que os 14 montes veciñais en man común de Vigo aportan á cidadanía e definir estratexias mancomunadas de xestión sostible para os vindeiros 25 anos.
Precisamente en 2046 celébranse os 50 anos da creación da Mancomunidade e de ahí que “Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor” sexa o logotipo escollido para o proxecto.
A denominación do proxecto é “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU
Tal e como se recolle no resumo elaborado conxuntamente coa Fundación Biodiversidad del MITECO está previsto:
- Investigar os servizos ecosistémicos, particularmente os servizos culturais/recreativos e os recursos hídricos, facendo unha valoración económica dos mesmos. Complementariamente realizarase tamén a análise da captación de CO2 agregada. Esta labor correrá a cargo do grupo de investigación de Biología Ambiental e do grupo GEN da Universidade de Vigo.
- Establecer as líneas estratéxicas para a posta en valor dos citados servizos, cunha metodoloxía para a medición e futuro seguimento de 10 indicadores ambientais, integrandoas nos plans de xestión das 14 Comunidades de Montes de Vigo.
- Elaborar metodoloxías para a xestión e captación de recursos esóxenos público-privados.
- Realizar unha experiencia piloto de servizos recreativos baseados en 2 cotos micolóxicos periurbanos, acompañado de sensibilización e dinamización, acompañado de formación para xerar emprego verde.
- Dinamizar a participación da cidadanía e das entidades sociais e empresariais na implicación coas iniciativas propostas.
Ao longo do mes de marzo está previsto abrir un microsite dentro da web de Montes de Vigo específica para o proxecto.
Entretanto, para máis información sobre o proxecto podedes contactar coa Secretaría Técnica da Mancomunidade de Montes de Vigo: 608 046 047 ou en info@montesdevigo.org