Balance do proxecto "Rexeneración de valores ambientais no Monte da Madroa" da Comunidade de Montes de Teis
O proxecto Rexenación de valores ambientais no Monte da Madroa foi realizado pola CMVMC de Teis ao longo do período 2023-24 dentro da Convocatoria de Medio Ambiente 2023 de Caixabank que impulsa proxectos encamiñados á mellora do patrimonio natural a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental, a economía circular e o desenvolvemento rural.
O obxectivo do proxecto foi realizar as actuacións necesarias para eliminar masas de acacia negra e posteriormente reforestar con frondosas nativas en terreos da comunidade de montes de Teis, recuperando así un bosque autóctono galego invadido pola proliferación dunha especie invasora como é a Acacia negra. Na actuación de rexeneración e recuperación traballase sen o uso de herbicidas e basease na vinculación da veciñanza coa natureza
A superficie de actuación recóllese no seguinte plano
Obxectivos ambientais do proxecto
1. Restauración do ecosistema degradado
2. Conservación e fomento da biodiversidade
3. Eliminación e control de especies exóticas invasoras
O traballo consiste no arrincamiento mecánico das acacias negras, nunha zona prevista de 6,24 hectáreas, evitando o uso de herbicidas nocivos para o medioambiente, co obxectivo de recuperar terreo invadido por esta especie alóctona en favor das especies autóctonas que rexeneren un bosque atlántico. Ademais trituraranse os restos vexetais extraídos, espallándoo pola zona de actuación creando unha capa tipo mulching que dificulte a xerminación de novas acacias.
Unha vez, preparado o solo procédese á prantación de especies frondosas autóctonas, tanto arbóreas como arbustivas, sen un patrón de plantación marcado, buscando a naturalidade na actuación e utilizando diversidade de especies, có fin de alcanzar a maior biodiversidade posible.
Obxectivos sociais do proxecto
1. Propiciara formación-educación ambiental.
2. Divulgare concienciar nos valores ambientais.
3. Promocionaro voluntariado ambiental e interxeracional.
4. Xeraralianzas para a protección do noso patrimonio natural.
O proxecto en imaxes: acceder á galería de fotos AQUI
O proxecto nas redes sociais: