IV Obradoiro forestal nos Montes de Vigo 2024-25: Proceso selectivo

1. INTRODUCIÓN

A Mancomunidade de Montes de Vigo (en diante, Montes de Vigo) recibiu unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para a execución do obradoiro dual de emprego denominado "IV Obradoiro forestal nos montes de Vigo" a celebrar durante o período 2 decembro 2024 e 1 setembro 2025.

En virtude da normativa que regula a citada subvención procede á publicación das Bases reguladoras do proceso de selección do alumnado-traballador a contratar, que se atopan no seguinte ENLACE.

2. PROCESO SELECTIVO

Selección de 10 alumnos/as-traballadores, que se realizará a través do procedemento de Oferta pública que xestiona a Oficina de Emprego de Vigo.

3. LISTA DE PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS (12/11/24)

Reunido o 12 de outubro o Órgano de selección establecido, despois de ter convocado a 50 persoas candidatas en base á tramitación da Oferta pública realizada pola Oficina de Emprego, e unha vez avaliadas as solicitudes presentadas xunto coa correspondente documentación en tempo e forma, acordan publicar a seguinte Lista definitiva de persoas candidatas para a Fase 1 Proba de aptitude e/ou de coñecementos (lista persoas admitidas e excluídas) para os postos de alumnado-traballador (ENLACE). Ter presente que 1 indica admitido/a e 0 indica excluído/a, indicando nese caso o motivo.

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) 12 de novembro, 10:00: Fase 1 Proba práctica. Ao rematar esta fase, o Órgano de selección procederá a valorar a citada proba, publicando a Lista de persoas admitidas que superan a Proba de aptitude e/ou de coñecementos e pasan á Fase 2 Entrevista persoal

b) 12 de novembro, 12:00: Fase 2 Entrevista persoal

4. PUNTUACIÓN DA PROBA PRÁCTICA A PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS

Reunido o Órgano de selección establecido e avaliada a Proba práctica acordan publicar a Lista de persoas candidatas que superan a mesma (apto/a) e que pasan á Fase 2 Entrevista persoal (ENLACE).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) 12 de novembro, 12:00: Fase 2 Entrevista persoal

5. PUNTUACIÓN DA ENTREVISTA A PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS QUE SUPERARON A PROBA PRÁCTICA

Reunido o Órgano de selección establecido e realizada a Entrevista Persoal acordan publicar a Puntuación da Fase 2 Entrevista persoal (ENLACE). Nesta entrevista determínanse persoas candidatas que non reúnen requirimentos físicos, sendo motivo de exclusión do proceso de selección.

Adicionalmente, o Órgano de selección procede coa Fase 3 Valoración de méritos, estando previsto a publicación da súa puntuación o 12 de novembro, pola tarde

6. PUNTUACIÓN DE VALORACIÓN DE MÉRITOS A PERSOAS CANDIDATAS ADMITIDAS QUE SUPERARON A PROBA PRÁCTICA E NON FORON EXCLUÍDAS NA ENTREVISTA

Reunido o Órgano de selección establecido, unha vez valorado os méritos das persoas candidatas admitidas que superaron a proba práctica e non foron excluídas na entrevista, acordan publicar a Puntuación da Fase 3 Valoración de méritos (ENLACE).

Adicionalmente, o Órgano de selección informa do calendario previsto a continuación:

a) Ata 14 novembro, as 12:00: Alegacións ao acordo das puntuacións publicadas. As citadas alegacións deben ser xustificadas. A forma de envío da alegación é a través do correo obradoiro.montesdevigo@gmail.com e debe ir dirixida ao Presidente do Órgano de selección do Obradoiro forestal nos Montes de Vigo

b) 4 novembro: xuntanza do Órgano de selección, se procede, e publicación da Lista das persoas candidatas admitidas e excluídas para participar no obradoiro dual de emprego como traballadores beneficiarios do proxecto e da Lista de reserva. Asemade, comunicación cos candidatos/as seleccionados/as para trasladarlle o resultado.

c) 20 novembro, 11:00: xuntanza co alumnado-traballador finalmente seleccionado para asinar, se procede, a Folla de aceptación e iniciar os trámites de contratación e de planificación do inicio de curso previsto para o día 2 de decembro.

7. VALORACIÓN FINAL DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA O ALUMNADO-TRABALLADOR DO OBRADOIRO - ACORDO DEFINITIVO 14/11/24

Reunido o Órgano de selección establecido, unha vez aceptada a alegación recibida, acorda publicar a valoración final definitiva do proceso de selección do IV Obradoiro Forestal nos montes de Vigo (ENLACE).

O listado preséntase por orde de maior puntuación na valoración final e indícanse as persoas candidatas que quedan en lista de reserva, tal e como se recolle no seguinte cadro.