IV Obradoiro Forestal nos montes de Vigo: oferta pública para alumnado-traballador

1. INTRODUCIÓN

A Mancomunidade de Montes de Vigo (en diante, Montes de Vigo) recibiu unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade para a execución do obradoiro dual de emprego denominado "IV Obradoiro forestal nos montes de Vigo" a celebrar durante o período 2 decembro 2024 e 1 setembro 2025.

En virtude da normativa que regula a citada subvención procede á publicación das Bases reguladoras do proceso de selección do alumnado-traballador a contratar, que se atopan no seguinte ENLACE.

2. OFERTA PÚBLICA PARA ALUMNADO-TRABALLADOR

Selección de 10 alumnos/as-traballadores, que se realizará a través do procedemento de Oferta pública que xestiona a Oficina de Emprego de Vigo.

As persoas seleccionadas pola Oficina de Emprego de Vigo serán convocadas por esta e confirmadas por Montes de Vigo a través de chamada telefónica.

A data para o inicio do proceso de selección será o martes 12 de novembro, ás 9:00 horas (non se admitirán solicitudes a partir das 9:30 horas), tendo lugar no local da Mancomunidade de Montes de Vigo (ver GOOGLE MAPS) no Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Rúa Estrada Xeral de Valladares - Pedregal nº 6 - 36314 Valladares-Vigo (a carón da Piscina Municipal de Valladares).

De cara a axilizar o proceso de presentación da SOLICITUDE PARA SER ADMITIDO AO PROCESO DE SELECCIÓN DE ALUMNADO-TRABALLADOR PARA A ESPECIALIDADE DE FORESTAL NIVEL 1, as persoas candidatas terán que traer cuberta a SOLICITUDE (ver DOCUMENTO en PDF e DOC) e achegar os documentos que se citan de seguido:

- Copia do DNI actualizado (polas dúas caras).

- Vida laboral actualizada (aínda que non teña experiencia laboral)

- Acreditación da maior Titulación académica adquirida.

- Se é o caso, a seguinte documentación: a) Acreditación das Competencias Clave adquiridas; b) Acreditación do seu grao e tipo de discapacidade; c) Informe de Servizos Sociais en caso de pertenza a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social; d) Informe de Itinerarios de Inserción Profesional de Servizos resumidos dunha Oficina de emprego.

As SOLICITUDES realizaranse o día indicado, tendo que presentar nese momento imprescindiblemente o formulario de solicitude e a documentación necesaria para acreditar os requisitos, sendo motivo de exclusión a falta de dita documentación.

Para resolver e atender calquera dúbida, o día da presentación de solicitudes e recollida de documentación estará presente, polo menos, un integrante do órgano de selección que se nomee para este procedemento.