Os montes de Vigo acollen a IX Andaina o 12 de maio

A Mancomunidade de Montes de Vigo colabora na organización da IX Andaina polos montes de Vigo promovida polo Concello de Vigo en colaboración con Vegalsa-Eroski. Trátase dunha iniciativa que pretende dar a coñecer a riqueza natural, paisaxística e etnoarqueolóxica dos montes periurbanos de Vigo a través de catro andainas para todos os públicos (20, 8,4, 5,2 e 2 km, respectivamente).

Acto de presentación da IX Andaina polos montes de Vigo

Na presentación da andaina, o Presidente de Montes de Vigo, Uxío González, quixo recordar que en todos estes anos que se leva realizando este evento, miles de vigueses e viguesas poideron achegarse a unha experiencia nos montes de Vigo que a maioría descoñecía, podendo visitar parques forestais, miradoiros, sendeiros locais e diversos espazos etnoarqueolóxicos dispoñibles. Esta riqueza, ao alcance de todos e todas, está apoiada polo Concello de Vigo a través do Plan de Emprego Local, do apoio no mantemento dos sendeiros locais e en actos como o presente.

O Alcalde de Vigo e a Concelleira de Medio Ambiente tamén salientaron a relevancia dos montes de Vigo no entramado urbano e na importancia de que a cidadanía os coñezan e poidan gozar deles durante todo o ano. De feito o obxectivo desta edición é acadar unha participación o 12 de maio de máis de 1.000 persoas, para que así se coñeza de preto parques forestais como os de Saiáns e San Miguel de Oia, miradoiros como os de Matamá ou muíños como os da Estea.

Nesta liña, Irasema Dámaso, técnica de RSC de Vegalsa-Eroski, resaltou a importancia de iniciativas como a desta andaina que contribúen a mellorar a calidade de vida da cidadanía e son un compromiso co que a entidade que representa está plenamente identificada, contribuíndo na súa organización.

Participantes na edición de 2023

Inscrición

O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 10 de maio, as 13 horas, a través do 010 (986810260 dende móbil), sendo preciso escoller unha das andainas previstas entre as catro dispoñibles para todo perfil de públicos.

Programación

Pódese ver o detalle das rutas (trazados, alzados, horarios) e do funcionamento do evento neste ENLACE. En resumo, trátase de: 

A) PROGRAMA XERAL

1. ANDAINA LONGA 19,8 km (tramo vermello e azul):  Parque Forestal de Pozos – Tránsito por Sendeiros locais de Matamá-Comesaña-Coruxo-Oia-Saiáns – Parque Forestal de Saiáns | dificultade alta

Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (8:00) - Saída da lanzadeira de bus para o P.F de Pozos (8:45) - Inicio Andaina (9:00)

Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como o Miradoiro da Comunidade de Montes de Matamá, o Alto de Bandeira, o Castro Alto da Medoña e os Muíños de Estea.

2. ANDAINA MEDIA 8,4 km (tramo laranxa e azul):  Parque Forestal de Saiáns – Tránsito por Sendeiros local de Oia – Parque Forestal de Oia – Tránsito por Sendeiro local de Saiáns - Parque Forestal de Saiáns | dificultade media

Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (10:00) - Inicio Andaina (10:30)

Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como o Alto de Bandeira, o Castro Alto da Medoña e os Muíños de Estea.

3. ANDAINA CURTA 5,2 km (azul):  Parque Forestal de Saiáns – Parque Forestal de Oia – Tránsito por Sendeiro local de Saiáns - Parque Forestal de Saiáns | dificultade media-baixa

Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (11:00) - Inicio Andaina (11:30)

Recomendación: para familias con fillas e fillos maiores de 6 anos.

Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como  o Castro Alto da Medoña, os Muíños de Estea e os Piñeiros do Mundo.

B) PROGRAMA INFANTIL. Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.

4. PEQUE-RUTA "O monte de Vigo na primavera": 2km aproximados

Destinatarios: Familias con fillos menores ata 6 anos

Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (11:00) - Inicio Andaina (11:30)

Percorrido: entorno do Parque Forestal de Saiáns

Observacións: Conoceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.

5. Xogos populares - Tiro con arco - Rastrexo. Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para menores inscritos ata 12 anos.

Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.

Cartaz da IX Andaina polos montes de Vigo