Montes de Vigo 2046 estivo presente no festival The Wild
Dentro das actividades que acollen os parques foresais de Vigo durante o verán atópase o festival The Wild, que xa vai na súa sexta edición. Ten lugar no Parque Forestal de San Miguel de Oia e aparte da música que centra a súa programación, desenvólvese unha ampla gama de actividades relacionadas coa natureza para todo tipo de público: tai-chi, orientaventura, xogos na natureza, etc.
Montes de Vigo colaborou na Andaina organizada pola Comunidade de Montes de Oia na que se percorreu o Sendeiro Local de Oia e puxéronse en valor os servizos ecosistémicos que nesta comunidade se están a prestar, salientando os servizos recreativos, os recursos hídricos que permiten dispór de fontes públicas e a captación de CO2.
Algunhas imaxes dos servizos ecosistémicos visitados recóllense de seguido: