Os montes de Vigo acollen a IX Andaina
Un ano máis tivo lugar a Andaina polos Montes de Vigo, e xa van nove edicións. Esta actividade organizada por Montes de Vigo grazas ao patrocinio da Concellería de Medio Ambiente de Vigo e de Vegalsa-Eroski, pretende pór en valor a riqueza medioambiental, paisaxística e etnoarqueolóxica existente no Anel Verde de Vigo.
No evento participaron preto de 750 persoas de todas as idades, habendo oportunidade de facer dende unha andaina de 20km ata unha pequerruta de menos de 2km con familias.
Tamén houbo momentos para abordar historias dos montes das comunidades polas que se circulou (Valladares, Matamá, Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns), así como os diversos servizos ecosistémicos (recreativos e educativos, provisión de auga, absorción de CO2, biodiversiade) que os montes proporcionan á sociedade viguesa (ver ENLACE ao proxecto Montes de Vigo 2046).
A climatoloxía acompañou o evento e posibilitou gozar tanto dos distintos traxectos como da estadía no Parque Forestal de Saiáns ao final, tal e como se recolle na web de Camiño a Camiño (VER AQUI)
Un resumo da Andaina podes velo en YOUTUBE
Un resumo da REPORTAXE FOTOGRÁFICA subida pódese ver de seguido: