Montes de Vigo acorda o seu posicionamento institucional para o período 2024-25

Asemblea de Montes de Vigo do 28/10/24

A Mancomunidade deMontes de Vigo e as 14 entidades que a conforman -13 Comunidadesveciñais en man común e a Entidade Local Menor de Bembrive- coas súas máis de 1800hectáreas de monte periurbano -sobre o 17% da superficie do municipio- proporcionaná sociedade viguesa un conxunto de servizos ecosistémicos que contribúen a unhamellor calidade de vida tanto dos cidadáns e das cidadás das súasparroquias como da xeralidade da poboación, que en conxunto superan os 300.000habitantes.

Nestes momentos,grazas ao apoio da Fundación Biodiversidade,  estamos estudando xunto coa Universidade deVigo o seu valor ceñíndonse aos servizos recreativos-culturais, aosrecursos hídricos e á captación de CO2, pero iso non quita que haxa moitos máiscomo a preservación da biodiversidade, a polinización ou a xeración de produtosnaturais como madeira ou froitos do bosque.

Todo isto o puidemospór en común tanto nos “Actos de lembranza do VII Aniversario dos lumes de2017” (15/10/24) como no Congreso Transfronteirizo en Paredes de Courabaixo o título “Infraestruturas Verdes: a importancia da natureza en áreashumanizadas” (23-24/10/24) e en resumo chegamos á conclusión de que:

a)    O conxunto dosmontes de Vigo conforman un capital natural de primeiro orde dentro da cidade, sendo un doseixos centrais das infraestruturas verdes que nela existen e non están a sertratados co respecto e consideración que lle son propios en comparación conoutras cidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

b)    Se ben llecorresponde ao movemento de monte veciñal en man común de Vigo adecuarse aomomento de transformación que se está a producir en termos de gobernanza e dedemandas sociais, compre ter presente que a estratexia europea de colocará natureza no centro da vida leva asociada que as administracións competentes(no noso caso a administración autonómica, provincial e local) teñen que aliñarsecos obxectivos establecidos no tócante á preservación da biodiversidade -através da estratexia nacional de infraestruturas verdes aprobada en 2021- eda restauración dos bosques en Europa -a través recentemente aprobada daLei da Restauración da natureza-, sendo preciso contar con Montes de Vigocomo actor necesario.

c)    É preocupante oretraso en abordar a prevención dos lumes en Vigo -sobre o quelevamos chamando a atención dende 2017-, que tal e como manifestan todos osexpertos volverán a facer acto de presenza en calquera momento.  A pesar da insistencia de Montes deVigo en implantar medidas -Anel Verde, etc-, urxe a necesaria colaboración da Xuntade Galicia, Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo, superandodiferencias partidarias -tal e como quedaron posto de manifesto no Parlamentode Galicia en setembro de 2024- e centrándose na atención das necesidadesurxentes da poboación. Certo que recentemente a Consellería de Medio Ruralabriu a porta a abordar a Área de defensa estratéxica nos montes de Vigo Sur,nunha primeira fase nos montes de Saiáns, Oia e Coruxo xunto coas comunidadeslimítrofes de Nigrán e Gondomar asociadas e, que logo ten que ter continuidade nosmontes de Valladares, Zamáns, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán e Teis xuntocoas comunidades limítrofes de Mos e Redondela.

d)    Non ten nome oestado de abandono acadado polos Parques Forestais cedidos ao Concello de Vigodurante os últimos anos, e sobre todo este verán, póndose demanifesto unha falla de respecto cara aos miles de cidadás que os visitanpermanentemente, así como a falla de disposición para abordar un conveniomarco en relación coas infraestruturas verdes localizadas nos montes de Vigopresentado fai un ano. Resulta necesario reconducir esta situación eenmarcar o proceso a seguir nas citadas estratexias europeas e buscando, aomesmo tempo, incorporar a “Estratexia galega de Infraestruturas Verdes” que aConsellería de Medio Ambiente acaba de aprobar e que ven de anunciar unha actuaciónpara  a “renaturalización das cidades”.

e)    Cómpre darlle ocorrespondente acomodo aos montes de Vigo dentro da normativa galega de montes,na medida en que está insuficientemente desenvolto o tratamento dos montesperiurbanos, impedindo así a definición de políticas que se poidan aliñarcoas estratexias europeas citadas. Necesariamente isto ten que ser recollidonos cambios da anunciada modificación da Lei de Montes Veciñais de Galicia,sen menoscabar a identidade particular desta forma xurídica que recolle arealidade xermánica da propiedade da terra e que diversos lobies empresariais,co reforzo público institucional da Xunta de Galicia, queren borrar do mapa porintereses cortoplacistas que claramente esquecen o papel social do monte e todaa referida centralidade da natureza na vida das persoas.