Montes de Vigo apoia a II Andaina do Maúxo contra o Cancro do 16 de xuño en Fragoselo-Coruxo
A Mancomunidade de Montes de Vigo ten subscrito un convenio de colaboración coa Asociación Española contra o Cancer dende 2023 para promover os montes de Vigo como espazos sen fume. Nesta ocasión, trátase de dar un paso máis e apoiar unha iniciativa que xa vai na segunda edición e que permite demostrar a importancia da actividade física para a prevención do cancro, sendo os distintos montes de Vigo cos seus sendeiros e parques forestais uns espazos indicados para tal fin.
A Andaina sairá dende Fragoselo-Coruxo e subirá ao Parque Forestal de Coruxo, dirixíndose logo acara os montes de Oia e Saiáns, para volver logo pola Senda panorámica de Vigo (GR-53) ata Fragoselo, tal e como se recolle no trazado definido pola organización e que está recollido no Regulamento da proba (AQUI)
Inscrición na II Andaina do Maúxo contra o Cancro: AQUI