Montes de Vigo Sur, unha proposta para a prevención de lumes en Vigo
Artigo no Faro de Vigo (14/4/25) e Entrevista na TVG (19/4/25)
ARTIGO NO FARO DE VIGO (14/4/25)
No día de hoxe o Faro de Vigo dá a coñecer a experiencia que se está a realizar en Vigo de agrupación de Comunidades de Montes con propietarios privados de cara a abordar actuacións que conleven unha maior protección do monte diante dos incendios ao tempo que busca unha solución ao abandono do monte por parte destes últimos.
No caso da Comunidade de Montes de Saiáns levase anos traballando nesta lóxica de ordenación do monte tanto con fins de conservación como de prevención de lumes. Esta filosofía estase trasladando a outras comunidades, algunhas delas queimadas en 2017 como o caso de Comesaña ou Coruxo, e búscase acadar resultados que demostren que esta é unha alternativa realista á necesaria xestión forestal ordeada e con perspectivas de futuro.
No ENLACE atópase o artigo ao completo, que se reproduce en imaxe de seguido:

ENTREVISTA NA TVG (19/4/25): ENLACE RESUMO AQUI E NOVA COMPLETA AQUI
