O Boletín Montes de Vigo 2046 nº 1 recolle os 6 primeiros meses do proxecto financiado pola Fundación Biodiversidade
De cara a dar unha mellor difusión das novas relacionadas co proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor", neste mes de setembro edítase o primeiro número. Nel recompílanse algunhas das principais entradas na sección de actualidade da web, posibilitando tanto na versión dixital como na versión papel poder acceder ás novas publicadas.
Unha sección interesante é a de Colaboracións, na que se pon de manifesto algunhas das actividades realizadas conxuntamente con centros educativos, asociacións e empresas, nas que se logra difundir tanto os valores dos montes de Vigo como os obxectivos do proxecto "Montes de Vigo 2046".
Tamén se pretende dar un avance da próximas actividades previstas, sendo neste caso a programación de outono coa Aula micolóxica, a Trail Montes de Vigo e o acto en lembranza dos lumes de 2017.
Neste ENLACE está dispoñible o Boletín informativo nº 1