O Clube de Ciencias do IES de Beade micorriza unha parcela do monte de Beade dentro do proxecto Montes de Vigo 2046

Alumnado do Clube de Ciencias do IES Beade

A experincia inicial vivida polos 26 alumnos do Clube de Ciencias do IES de Beade consistiouse en recibir unha charla no centro o pasado martes 5 de novembro, onde se presentaron os contidos básicos sobre micoloxía e como iso se puña de manifesto no Couto micolóxico do monte de Beade.

O segundo paso tivo lugar no día de hoxe coa micorrización de Boletus Edulis nunha parcela de piñeiro novo, dentro do proxecto de enriquecimento do Couto micolóxico previsto en "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor".

Alumnado facendo a micorrización

Tamén no día de hoxe se fixo un exercicio de identificación de cogomelos e outras especies no entorno do espazo de micorrización.

A partir de agora o Clube de Ciencias programará as seguintes accións para o primeiro semestre de 2025 encamiñadas a poder conformar unha actuaicón completa que xire ao redor do mundo da micoloxía

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Sesión práctica na que se ensinou a facer o proceso de micorrización