O Colexio Miralba realiza unha clase práctica no Parque Forestal do Vixiador

O alumnado despois de participar na plantación

Cun día plenamente de outono, os 56 rapaces e rapazas de 3º de primaria do Colexio Miralba coñeceron de primeira man os valores naturais e recreativos que proporciona a Comunidade de Montes de Candeán.

A diversa variedade de árbores e plantas existentes, a fauna asociada á lagoa, a mámoa que recorda aos asentamentos primitivos e o chamativo parque forestal de Vixiador foron algúns temas abordados. A guinda a puxo a plantación no propio parque forestal, co compromiso de cando en vez de ir comprobar como evoluciona. Unha mañá intensa na que tampouco faltou o xogo ao aire libre.

Momento de xogo e merenda no medio do Parque Forestal