O equipo de Ganain realiza un percorrido polo Monte de Pozos
Na visita guiada polo Monte dos Pozos participaron 27 traballadores e traballadoras da empresa Ganain. O obxectivo era compartir unha tarde ao mesmo tempo que coñecer a oferta de servizos ecosistémicos que ofrecen os montes de Vigo e particularmente os montes de Valladares.
Na acción tamén se plantaron dous castiñeiros a modo simbólico no mesmo mirador do Monte dos Pozos, onde se coñeceron de preto as consecuencias dos lumes de 2017.
No acto estivo presente o presidente da Comunidade de Valladares e un técnico da Mancomunidade de Montes de Vigo, que deron a coñecer a realidade dos montes perirubanos de Vigo e a provisión dos servizos recreativos, de recursos hídricos e de absorción de CO2 que se están a levar a cabo, así como a importancia da implicación da sociedade e das empresas na divulgación dos mesmos.