O equipo de Montes de Vigo 2046 retoma os traballos do proxecto financiado pola Fundación Biodiversidade
Ao longo da mañá tívose ocasión a revisar os seis primeiros meses de proxecto, pondo en común os avances logrados por partes dos equipos de Bioloxía ambiental e o Grupo GEN de Economía na identificación dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo. Particularmente analizáronse os servizos recreativos, os recursos hídricos e a captación de CO2, revisando as metodoloxías de análise empregadas, as fontes de información empregadas e as pendentes de abordar, así como os seguintes pasos previstos.
O Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo sinalou o interese que supón o proxecto para as 14 comunidades de montes de Vigo na medida en que permite abordar o reto de repensar o futuro duns montes periubanos que precisan ampliar a forma de abordar a súa xestión de cara a lograr sosterse no tempo (de aí o reto de 2046, que sería cando faría 50 anos a mancomunidade) e poder atender a demanda social que reciben con novas relacións coas administracións públicas e o sector privado que está interesado en compensar a súa pegada ecolóxica.
Próximamente daranse a coñecer algunhas iniciativas novas relacionadas co proxecto no eido micolóxico.