O Parque Forestal de Beade acolle a XXXIII Festa do Monte

A sardiña foi a protagonista da Festa do Monte de Beade

O primeiro domingo de agosto celébrase a Festa do Monte organizada pola Comunidade de Montes de Beade. Nesta ocasión máis de 500 persoas participaron nun día no que se combinou gastronomía, música e o goce do fresco nun día caluroso.

Algunhas instantáneas do gozoso día recóllense a continuación:

Banda de música de Beade nunha das actuacións programadas
Unha das familias participantes na xornada
Panorámica do Parque forestal repleto de familias ao carón dos asadoiros homolgados
Equipo da Comunidade de Montes de Beade organizadora do evento