O Parque Forestal de Saiáns acolle o inicio da tempada das festas das parroquias coa Festa da Amizade
Ao longo de todo o día están programadas actividades na XXXVII edición da Festa da Amizade de Saiáns que puntualmente se celebra no último fin de semana do mes de xullo dende 1997.
Preto de 300 persoas gozaron do xantar de confraternización con sardiñas e pan de millo ofertado pola Asociación de Veciños de Saiáns en colaboración coa Comunidade de Montes de Saiáns. Ademáis música e outras moitas actividades ao longo de todo o día.
Entre os presentes atopábase Xurxo, expresidente da Comunidade de Montes de Saiáns, que lembraba que a principio aquel parque estaba completamente cheo de eucaliptos, consecuencia da política de forestación da época franquista e que o Concello preseguiu ata que os montes pasaron a mans da comunidade de montes. Bo traballo supuxo o cambio que agora se percibe. De seguido unha imaxe dos anos noventa na festa da Amizade daquela época.
Como todos os anos as familias da parroquia de Saiáns achéganse ao monte para gozar dun día de xantar e de música cos veciños e veciñas, mantendo a tradición que moitos dos participantes lembran dende moi novos.