Os miradoiros dos montes de Vigo permiten contemplar os fogos de Bouzas a miles de vigueses
22/7/2024
Nunha noite despexada e moi agradable congregáronse miles de vigueses e viguesas para contemplar a exhibición de fogos de Bouzas dende os miradoiros que van dende a Madroa ata San Miguel de Oia, pasando por Beade, Cepudo, Monte Alba, Monte dos Pozos, Matamá e Coruxo.