Os montes de Beade e Comesaña acollen aos escolares da súas parroquias
11/4/2024
Prosiguen as actividades do programa "Os montes de Vigo na Escola" e nesta semana tocou coñecer os montes de Beade e de Comesaña por parte do alumnado do CEIP Otero Pedraio e do CEIP Párroco D.Camilo.
Entre as actividades houbo plantacións, identificación de flora e fauna, así como xogos relacionados coas Comunidades de montes veciñais en man común.
Nos montes de Comesaña poidose visitar o arboreto con máis de 40 especies distintas, onde se plantou unha secuoia.