Os montes de Vigo: unha illa fresca ante a onda de calor. Exemplo: Chan Doural
As temperaturas expecionalmente altas, superiores ao promedio histórico, chegan tamén a Vigo nesta época do ano. As ondas de calor son un dos eventos metereolóxicos extremos que se están intensificando como consecuencia do cambio climático. A vulnerabilidade das cidades ante as altas temperaturas vese agravada polas características da mesma: tráfico motorizado, adaptación dos edificios, configuración urbanística, etc. Ante as claras evidencias climáticas, os actores que planifican as infraestructuras verdes teñen que coordinarse para establecer medidas comprometidas que adapten e xestionen o espazo urbano para facer fronte ao calor extremo.
Neste senso, a Mancomunidade de Montes de Vigo está realizando unha investigación coa Universidade de Vigo dentro dun proxecto financiado pola Fundación Biodiversidade (MITECO) para a posta en valor dos servizos recreativos que proporcionan entre outros os 17 parques forestais e áreas recreativas localizadas no anel verde que bordea a cidade de Vigo. Unha das ideas forza presente no estudo é a necesidade da planificación conxunta das infraestructuras verdes en colaboración cos axentes institucionais (Concello deVigo, Xunta de Galicia) na liña do indicado pola FAO nas súas “Directrices paraa silvicultura urbana e periurbana” (ver DOCUMENTO).
Os montes periurbanos de Vigo presentan as condicións idóneas para reducir o impacto das altas temperaturas. A súa cobertura vexetal e árborea, extendida como un corredoiro natural verde ao redor da cidade constitúe a medida máis eficiente para baixar as altas temperaturas do verán. Segundo un estudo en 293 cidades europeas, as árbores disminúen ata 12ºC as temperaturas en comparación con zonas non arboradas. A parte de ser un punto de encontro social, o monte vigués é un refuxio climático no que é preciso abordar un plan de investimentos e de mantemento acorde coas necesidades do século XXI, tal e como se trasladou por parte da Mancomunidade de Montes de Vigo ao Concello de Vigo nada máis tomada posesión a actual corporación local (ver NOVA 11 maio 2023)
Polo de pronto, a realidade é que os plans municipais para coidar e protexer a población dos efectos do calor extremo son deficientes na cidade de Vigo tal e como indica Greenpeace no estudo “Adaptación en las ciudades al calor extremo: protección frente a los impactos en la salud” (ver DOCUMENTO), publicado este mesmo mes. Nesta análise, compararáronse os plans e medidas de 15 cidades españolas. Nel, Vigo –xunto con Guadalajara– foi o que obtivo peor puntuación. Nas conclusións deste estudo se manifesta que o “Plan de Acción de la Agenda Urbana del Concello de Vigo” non implementa medidas nos espazos verdes de cara a convertilos en refuxios climáticos.
A oportunidade que os montes de Vigo representan para facer fronte ás altas temperaturas, así como para outros servizos ecosistémicos como a conservación de recursos hídricos ou secuestro de carbono, debe ser prioritaria á hora de deseñar medidas e accións na axenda urbana do Concello de Vigo. A Mancomunidade de Montes de Vigo, que dispón de máis de 1500 hectáreas de superficie forestal, ten a man tendida para o que considera é unha responsabilidade de gobernanza para cara a sociedade á que se debe. Mentres tanto acolle a miles de cidadáns diarios nos seus espazos cedidos para uso público agardando que se atendan dignamente. Posiblemente hoxe haxa 2.500 persoas entre todos os parques. Polo menos no Parque Forestal de Chan Doural, preto de 200 congregáronse para celebrar a festa do comuneiro/ra de Zamáns.