Plan de verán: paseo polos sendeiros locais que circulan polos montes de Vigo
A Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración con 11 comunidades de montes conveniaron co Concello de Vigo o trazado dos sendeiros locais de Vigo. En total son 9 (Candeán, Cabral, Beade-Bembrive, Zamáns, Valladares, Matamá-Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns) e percorren a maioría dos montes comunais de Vigo, pondo en valor o entorno natural e a paisaxe que envolve a cidade de Vigo. Estes sendeiros están conectados coa Senda Panorámica de Vigo (GR-53 que atravesa 39 km no termo municipal e conecta os dous extremos da cidade a través dos distintos parques forestais.
Unha información detallada da rede de sendeiros de Vigo, incluídos os que se atopan nos montes, pódese consultar nesta publicación (PREMER). Asemade, para consultar os trazados dos sendeiros locais pódese facer en VIGO APP/Natureza e Parques/Sendeiros Locais ou en Wikilock (PREMER)
Algunhas das instantáneas que te podes atopar nun percorrido polos Sendeiros de Candeán, Cabral ou Saíáns, por pór un exemplo, son: