Presentación de Montes de Vigo 2046 á Axencia de Medioambiente de Cuba (AMA)
Con motivo da visita que a Axencia de Medioambiente de Cuba está a realizar ao Equipo de Bioloxía Ambiental de Vigo nun intercambio dentro dun proxecto da FAO, tivo ocasión unha sesión de traballo na que se expuxeron experiencias sobre o pago de servizos ecosistémicos no tocante a recursos hídricos, así como sobre as metodoloxías de valoración empregados.
Ao mesmo tempo houbo ocasión de presentar o proxecto Montes de Vigo 2046, as particularidades específicas das Comunidades de montes como entidades de orixe xermánico que se atopan a cabalo entre entidades públicas e privadas, das necesidades de abordar con novas fórmulas a sustentabilidade destes territorios que supoñen o 17% da superficie do Concello de Vigo, da importancia de que a sociedade coñeza o valor dos servizos ecosistémicos e varios aspectos adicionais.
Resultou interesante comprobar como hai coincidencias co proxecto que está desenvolvendo a Axencia de Medioambiente de Cuba nos enfoques de implicación das comunidades no xeito de abordar propostas en base á natureza para lograr conservar os ecosistemas.