Presentación do proxecto Montes de Vigo 2046

ENLACE ÁS POÑENCIAS DAS XORNADAS

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

“Os montes que hoxe estamos repensando serán os dos nosos netos no 2046” Uxío González, Presidente de Montes de Vigo 

“O anel verde de Vigo é o motor que impulsa unha maior e máis óptima dispoñibilidade de auga na nosa cidade. O proxecto que hoxe presentamos busca resaltar esta contribución, especialmente ao observar que as sequías son un problema das cidades de hoxe” Salustiano Mato, Catedrático de Ecoloxía Ambiental

Coñecer, poñer en valor e desfrutar de tódolos beneficios que o anel verde periurbano da cidade de Vigo presta aos seus habitantes. Con este principio, o pasado xoves 18 de abril levouse a cabo a xornada de lanzamento do proxecto: “Valorización e xestión sustentable dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo”. Este proxecto bianual ten como obxectivo afrontar a xestión sustentable das máis de 1.500 hectáreas forestais do monte comunal vigués, tratando de armonizar o seu uso social e o seu aproveitamento económico. 

Cerca de 100 inscritos déronse cita na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, entidade agrupada do proxecto, para escoitar a diversos panelistas repasar a historia do movemento comunal vigués, presentar as liñas de actuación do proxecto, explicar a gran oportunidade que supón o anel verde da cidade olívica e soñar de forma conxunta os próximos 25 anos dos Montes de Vigo.  

O proxecto visto dende a Mancomunidade de Montes de Vigo

“Agradezo o apoio das 40 entidades a este proxectp, o monte vigués está disposto a colaborar con tódolos axentes públicos e privados”. Así daba a benvida Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo. Acompañado de Josefina Garrido e Alberto Capataz, ambos iniciaron a xornada destacando a colaboración e agrupación entre dúas entidades importantes na cidade: Universidade e Mancomunidade. Josefina Garrido será a responsable da unión eficiente entre Universidade de Vigo, que levará o estudo técnico, e a Mancomunidade de Montes de Vigo. A doctora en Bioloxía enfatizou no reto que a universidade ten en transferir coñecemento a cidadanía en xeral, especialmente nos beneficios que os montes prestan. En liña coas palabras de Uxío e Josefina, Alberto Capataz, técnico da Fundación Biodiversidade, patrocinador do proxecto, declarou “a dupla universidade-mancomunidade é a mellor forma de entender a natureza como un motor económico” 

O traballo que ven facendo o movemento comunal vigués non é nin novo nin estático. Así o transmitiu Xosé Antón Fernández, responsable técnico do proxecto. “Os montes de Vigo levan 25 anos reclamando que a sociedade valore os montes vigueses como se debe, buscando novos retos e sobre todo, avogando por un uso sustentable dos mesmos”. Os obxectivos polos que veñen loitando as hoxe 14 comunidades de montes entroncan perfectamente coas 5 liñas de acción do proxecto, explicadas polo responsable técnico durante a mañá. “Debemos seguir repensando e repreguntando qué queremos para os nosos montes” 

Uxío González, Presidente de Montes de Vigo

“Os montes periurbanos son múltiples visións e perspectivas, pero sobre todo son espazos onde os cidadáns teñen voz e voto”, así resumiu Xosé Antón a singularidade duns montes a cablo entre o ámbito úrbano e o medio rural. A característica periurbana dos montes da cidade fai que estes teñan necesidades especiais. O proxecto vai máis aló duns indicadores que cumplir, se non de deixar un legado para as futuras xeracións. Así o expresou Xosé Antón, explicando o por que do slogan elixido: Montes de Vigo 2046: Montes Veciñais en valor.  O que nos motiva é a semente do futuro, nosos netos, que poden ser presidentes das comunidades de montes que hoxe representamos nós” 

O proxecto visto dende a Universidade de Vigo

Cada un disfruta do monte vigués a súa maneira, pero non valorar tódolos beneficios que os mesmos prestan sería descoidar a responsabilidade de preservarlo para as xeración vindeiras. Sobre a necesidade desta correcta valoración falaron no terceiro panel Salustiano Mato, catedrático de bioloxía ambiental da Universidade de Vigo, e María Xosé Vázquez, profesora de economía aplicada da Universidade de Vigo. Os dous explicaron a necesidade de xerar coñecemento sobre o valor social dos servizos ecosistémicos. Na súa poñencia, Salustiano Mato acercou ao público a conceptualización deste concepto “O concepto dos servizos ecosistémicos naceu en 2005, a través da Avaliación dos Ecosistemas do Milenio promovido pola ONU. Este concepto nace da solución ao compromiso de aliñar dúas visións históricamente contrapostas: a visión extractiva - monte para sacar recursos- e a versión conservacionista - monte para mantener recursos”, En palabras de Salustiano, “O proxecto vai de dar os primeiros pasos nos servizos de auga, carbono e servizos culturais que están en continua concomitancia

Salustiano Mato e María Xosé Vázquez, Universidade de Vigo

Sobre os beneficios dos mesmos, o catedrático destacou o papel do cinturón verde na calidade e disponibilidade de auga na cidadanía de Vigo. Recollendo o testigo, María Xosé acercou o concepto do servizo ecosistémicos na área económica, evidenciando a necesidade de que tódolos conozcamos o valor e o aporte do monte vigués. Parte da solución ante esta necesidade recae na valoración económica dos servizos ecosistémicos, “Valorar económicamente todo o que presta o monte da argumentos para poder ir con razóns de peso á hora de negociar con as administacións públicas ou as entidades privadas”. Refiriíndose aos propietarios forestais, María Xoisé conclúiu “ Estamos no punto no que podemos pasar do que contamina paga ao que o fai ben cobra”  

O relatorio de Odón López pechou a xornada presentando un caso concreto próximo e concreto de certificación dos servizos ecosistémico, “Baixo FSC, a maior organización mundial na promoción da xestión sustentable, certificamos o servizos do auga no monte de utilidad pública de Arnoia”, avanzou. Como xefe de servicio de xestión forestal da Consellería de Medio Rural, Odón promove a actuación e certificación da xestión forestal sustentable. Respecto á certificación de servizos ecosistémicos en Vigo, Odón argumentou “Vigo é unha cidade industrial onde as empresas o día de mañán terán que corresponder as súas externalidades negativas para coa cidadanía”

Esta xornada reuniu a comuneiros de diferentes montes de Pontevedra, expertos en xestión forestal, entidades sociais e empresariais de Vigo, así como responsables dos 5 proxectos beneficiarios da convocatoria de Bioeconomía forestal 2023 promovido pola Fundación Biodiversidad que se desenvolverán en Galicia.