Preséntase a VIII Trail Montes de Vigo do 12 de outubro
A presentación pública da VIII Trail Montes de Vigo tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández; da Directora de Sostibilidade de Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González; e do Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxío González.
A proba terá lugar o vindeiro sábado 12 de outubro e contará con dúas distancias: 12 e 22 kilómetros. Circulará polos montes de Beade e de Bembrive.
Tamén está prevista unha andaina familiar polos montes de Beade de 3km, co obxecto de achegar á actividade deportiva o público familiar con menores.
Uxío González puxo de manifesto que entre os obxectivos deste evento está promover o coñecemento do uso social dos montes de Vigo, así como lembrar a traxedia vivida en outubro de 2017 na que ardeu un terzo dos montes de Vigo nunha soa xornada.
Gabriela González lembrou o convenio asinado por parte de Vegalsa-Eroski con Montes de Vigo para promover a difusión dos valores do monte entre a cidadanía, entre os que se atopan esta proba e acción de educación con máis de 500 escolares de Vigo. Nese marco considerou moi interesante que se desenvolven actividades tanto deportivas como educativas que promovan a conservación do noso entorno máis próximo.
Manel Fernández pechou o acto indicando que a Trail de Montes de Vigo xa é un clásico dentro dos eventos deportivos da cidade e paulatinamente consolídase como unha proba de "titáns" que abordan o running combinado co medio natural.
A vicepresidente segunda da Deputación de Pontevedra, Luísa Sánchez, escusou a súa presenza por motivos de axenda nesta semana de Conxemar.
Máis información abaixo
PROGRAMA DA VIII TRAIL MONTES DE VIGO
Data de realización: sábado 12 de outubro, a partir das 9:00
Inscricións: PREMER AQUI
- Trail 22km: 21,60€ (ata 6 outubro); 24,60€ (ata 8 outubro)
- Trail 12km: 17,60€ (ata 6 outubro); 20,60€ (ata 8 outubro)
Percorrido: terá lugar polos montes de Beade e Bembrive. Ver TRACK 22KM e TRACK 12KM
Participación: Os/As participantes teñen que ter 18 anos, podendo participar tanto federad@s como non federad@s, sendo o requisito mínimo ter un contacto mínimo con trail de montaña.
Categorías: Absoluta masculina e feminina | Master A (18 a 39) | Master B (40 a 49) | Master C (+50)
Regulamento definitivo: PREMER AQUI
Patrocinadores: Vegalsa-Eroski, Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra
Máis información: no teléfono/whatsapp 608 046 047 ou en servizos@montesdevigo.org