Programación de primavera da Aula micolóxica de "Montes de Vigo 2046"

A Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coas Comunidades de Montes de Beade e de Matamá, así como con Mycogalicia Plantae, dan a coñecer a programación de actividades micolóxicas prevista para a primavera de 2025 (ver PROGRAMACIÓN)

Nesta edición haberá actividades dirixidas para as persoas inscritas no Club de Amig@s de Montes de Vigo e actividades de formación interna para as Comunidades de montes que están promovendo os coutos micolóxicos: Beade e Matamá.

Saída micolóxica no outono de 2024

PROGRAMA "AMIG@S DOS MONTES DE VIGO"

Actividades dirixidas ás persoas inscritas como "Amig@s dos Montes de Vigo" e que teñan feito a formación micolóxica durante o outono de 2024. Están previstas dúas accións:

  • Sábado 3 de maio (9:30-13:00): Saída micolóxica con Biolist (identificación compartida a través de app)
  • Sábado 24 de maio (9:30-13:00): Cultivo micolóxico

Lugar de realizaciónAula micolóxica no Parque Forestal de Beade (ver AQUI localización).

Inscrición:  PREMER AQUI. Hai límite de prazas.

Actividades de formación con comuneiros e comuneiras na primavera de 2024

PROGRAMA "FORMACIÓN INTERNA DE COMUNIDADES DE MONTES"

Actividades dirixidas ás Comunidades de montes que están promovendo os coutos micolóxicos: Beade e Matamá co obxecto de promover a dinámica interna dos coutos que se están creando nas mesmas. A formación prevista é "Curso de iniciación a coutos micolóxicos para comuneir@s" a desenvolver en

  • Comunidade de Montes de Beade: 15 e 22 de maio
  • Comunidade de Montes de Matamá: 20 e 21 de maio

Para inscribirse nestas actividades cómpre contactar con cada unha das comunidades de montes.

Ademáis, a Mancomunidade de Montes de Vigo desenvolverá un "Curso de especialización en micoloxía para peóns forestais que traballan na propia Mancomunidade ou nas Comunidades de Montes asociadas, que terá lugar entre o 15 e o 23 de maio.

O proxecto "Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo" conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU