Representantes de Montes de Vigo 2046 participan na xornada "valorización dos recursos do monte" de CAPRIF-CC en Rianxo
A Xornada formativa sobre valorización do monte e certificacións forestais realizada en Rianxo está promovida polo proxecto CAPRIF-CC promovido pola Fundación Juana de Vega e catro socios máis e financiado pola Fundación Biodiversidad. Nel abordáronse os servizos ecosistémicos e a necesidade de abrir novas fórmulas para pór en valor o monte veciñal en man común.
Resultou moi interesante o intercambio realizado polos participantes das comunidades de montes do Barbanza, no que tamén interviron dous representantes do proxecto Montes de Vigo 2046. Entre outros temas sairon ideas realizadas coa gobernanza na xestión de recursos ecosistémicos e que necesariamente teñen que ser unha fonte de riqueza para lograr a sostibilidade das comunidades de montes.