Resolución definitiva de subcontratación de servizos en MVigo2046
A Xunta Directiva da Mancomunidade de Montes de Vigo celebradano día 17/7/24 abordou a adxudicación da subcontratación da acción 2 “Deseño da posta en valor dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo” do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicosmancomunados dos montes periurbanos de Vigo”, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR),financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU:
Ao mesmo tempo abriuse un prazo de alegacións ata o mércores 24 de xullo as 13:30 horas, determinando o seguinte procedemento: “no caso de haber alegacións, ese mesmo día reuniríase a Mesa de Contratación para estudar as mesmas e proceder a elaborar nova proposta de resolución á Xunta Directiva. En caso contrario, a resolución provisional de adxudicación converteríase automaticamente en resolución definitiva de adxudicación, proseguindo coa correspondente formalización de contrato”.
Comprobado por parte do Secretario da Mesa de Contratación que non se ten recibido ningunha alegación no prazo establecido, a resolución provisional de adxudicación convertese automaticamente en resolución definitiva de adxudicación. Deste xeito a empresa SelgaCompañía Galega de Silvicultores SL pasa a converterse na adxudicataria da acción 2 citada pendente de formalización no correspondente contrato de servizos no prazo máximo de 10 días sobre a base da proposta presentada á licitación e atendendo ao cumprimento da oferta de licitación publicada o 28 de xuño de 2024.