Resolución provisional de subcontratación de servizos en MVigo2046

Actividade recreativa no Parque Forestal de Oia

A Xunta Directiva da Mancomunidade de Montes de Vigo celebradano día 17/7/24 abordou a adxudicación da subcontratación da acción 2 “Deseño da posta en valor dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes de Vigo” do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicosmancomunados dos montes periurbanos de Vigo”, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR),financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU:

Texto da resolución:

A Xunta Executiva celebrada o mércores 17 de xullo de 2024 abordou a licitación da Acción 2 do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” cuxa oferta foi publicada na web da Mancomunidade de Montes de Vigo o 28 de xuño de 2024 (PREMER) e estivo aberta ata o sábado 13 de xullo.

Para a citada licitación previamente reuniuse a Mesa de Contratación, que unha vez avaliada adocumentación presentada polas tres ofertas recibidas, elevou a aprobación da Xunta Directiva a seguinte clasificación :

            Ofertas valoradas: Oferta 3 de Selga Compañía Galega de Silvicultores SL: 99 puntos

            Ofertas excluídas:

               Oferta 1 de Xirela Servizos Técnicos e Obra do Rural SL. Motivo: Faltan documentos Anexo 1 e non acredita proxectos semellantes (Prego técnico, apartado 3)

               Oferta 2 de Landra Consultora Forestal SL. Motivo: Non define Responsable Técnico e a acreditación de 5 anos de experiencia (Prego técnico, apartado 2.1)”.

A Xunta Directiva aprobou por unanimidade dos presentes a proposta remitida pola Mesa de Contratación en virtude da cal a entidade proposta para ser adxudicataria dalicitación da Acción 2 do proxecto “Valorizacióne xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” sería Selga Compañía Galega de Silvicultores SL sobre a base da proposta presentada á licitación e atendendo ao cumprimento da oferta de licitación publicada o 28 de xuño de 2024.

A partir deste momento procédese a comunicarlle ás partes interesadas a presente resolución de adxudicación, así como a súa publicación na web da Mancomunidade, abríndose o correspondente prazo de alegacións ata o mércores 24 de xullo as13:30 horas (remitir ao mail info@montesdevigo.org)

No caso de haber alegacións, ese mesmo día reuniríase a Mesa de Contratación para estudar as mesmas e proceder a elaborar nova proposta de resolución á Xunta Directiva. En caso contrario, a resolución provisional de adxudicación converteríase automaticamente en resolución definitiva de adxudicación, proseguindo coa correspondente formalización de contrato.