A Semana Micolóxica "Montes de Vigo 2046" péchase con charlas e saída aberta - Programa

Participantes na sesión de identificación de cogomelos realizada en outubro

A programación da Aula Micolóxica "Montes de Vigo 2046" iniciada en setembro está previsto que se peche coa Semana Micolóxica, na que se contemplan as seguintes actividades:

Mércores 6 novembro, 19:30: Presentación da Guía "Mixomicetos de Galicia e Norte de Portugal", de Oscar Requejo e Nicanor Foro (Grupo Micolóxico Galego)

Xoves 7 novembro, 16:30-18:30Saída aberta polo Couto micolóxico de Beade. Pechada a inscrición por estar cuberto o cupo.

Venres 8 novembro, 19:00-21:30: X Xornada "Froitos do noso monte", na que se inclúe:

a) Charla a cargo de Marisa Castro: "Os coutos micolóxicos nos montes de Vigo: primeiros pasos e propostas"

b) Degustación

Lugar de realización: Cafetería do Parque Forestal de Beade (ver Google Maps)

O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU