Un paseo polo Sendeiro Local de Zamáns moi refrescante
O Sendeiro Local de Zamáns arranca no Parque Forestal e atravesa o monte ata chegar a Fervenza da Freixa, primeira parada imprescindible. A partir de aí abórdase o monte, no que se ve o impacto dos lumes de 2017, ata chegar a divisar a "bella durminte do Galiñeiro", unha referencia dende moitos puntos de vista de Vigo.
Durante ese traxecto pódense ver distintas panórámicas da parroquia de Zamáns, da cidade de Vigo e, mesmo nun día claro, pódese ver A Curota na Pobra do Caramiñal. Tamén se pode otear a progresiva renaturalización da Canteira de Vilaverde.
Unha vez que se descende ao carón do Encoro de Zamáns, tense ocasión de gozar dun entorno engaiolante e con distintas caras segundo a época do ano. No mes de setembro, co encoro baixo e o sol no seu ocaso, a luz existente é embriagadora.
Todo isto o podemos ver nas seguintes imaxes: