Montes de Vigo 2046
A Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Universidade de Vigo presenta á sociedade viguesa e aos axentes implicados na xestión e dinamización do monte veciñal en man común de Vigo e Galicia o proxecto “Montesde Vigo 2046: montes veciñais en valor”. A Xornada de Lanzamento do proxecto terá lugar o próximo 18 de abril, entre 10 e 13 horas, no Salón de Actos da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
Presentación
No programa da xornada están previstas ponencias nas que se dean a coñecer os obxectivos e actuacións previstas e, sobre todo, a visión que xustifica un replantexamento da forma de abordar a xestión dos montes veciñais en man común que limitan cunha gran cidade como Vigo. Para iso, empregarase o enfoque de bioeconomía forestal que está a impulsar a Fundación Biodiversidade e analizaranse os seguintes servizos ecosistémicos dos montes de Vigo: servizos recreativos e culturais, a calidade e cantidade de auga e a absorción de CO2.
Tamén se poderán coñecer experiencias semellantes noutros lugares de Galicia e de España.“Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor” busca non só deseñar unha estratexia que poña en valor os múltiples servizos que o monte periurbano presta á sociedade, senón tamén concienciar ao tecido social e empresarial de Vigo do importancia crucial do monte no benestar da sociedade. De feito, na súa formulación contou co apoio de 40 entidades públicas e privadas da área metropolitana de Vigo.
O proxecto, que técnicamente se denomina “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo”, está previsto que se execute entre 2024 e 2025 e conta co apoio da Fundación Biodiversidade del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación e Transformación e Resiliencia. (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
Localización
Salón de actos da Facultade de Bioloxía de Vigo
Campus Lagoas Marcosende s/n (ver localización)
Inscrición
Rexistro á Xornada de Lanzamento de “Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor” a celebrar o xoves 18 de abril, de 10 a 13 horas, no Salón de Actos da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (Campus Lagoas Marcosende s/n)